lunes, 26 de marzo de 2012

Turquesa.

Verde brisa primaveral.
Auga turbia e sucia.

Onde está a liberdade? Onde está o frescor?

Vistos dende o lonxe, semellaban...
Aquel sombreiro de palla,
que se mecía, e se mostraba cómodo baixo o sol.

Semellaban libres.

Por que aquel verde... non era o convencional?
Era un verde, estremecedor.
Facíame sentir frío.
Frío e medo.
Escuridade nun burato, eso era.

Que máis da?
Mira, mira o que tes enriba.
O ceo segue sendo igual de amplo.
Igual de extenso e igual de tranquilo.
Seguirei soñando con ser esa andoriña que o atravesa,
sen vento en contra, e sen preocupación.

Angustia, pero que máis da?

O ceo segue sendo turquesa.

martes, 13 de marzo de 2012

Indignado.

Radicales. Anticonstitucionales. Talibáns lingüisticos. Adoctrinados. Pensei que nunca oíria tantas sandeces xuntas. Si, dixen oíria, porque non dedicaría nin un segundo da miña vida a escoitar esa clase de ofensas.

Agora din, que si violamos dereitos, que si somos uns nacionalistas extremistas... Vamos home, e que hai do dereito a unha vivenda? Que hai do dereito á educación? Non hai outras cousas con máis prioridade? Pero bueno, como vexo que iso non vos importa... Non é peor o voso caso? A violación da liberdade de expresión. O único "mal" que fixemos foi expresar a nosa opinión. Cando dicimos: "Preferimos a un do Bierzo que...", precisamente dimos iso: PREFERIMOS. É dicir, que nos gusta máis. Pero quen dixo nada de excluír aos demais? Logo, respecto ao de que as fronteiras de Galiza as poña o galego; referímonos, non ao territorio, senón a que todos os que somos galegos e falamos galego, formamos parte do mismo pobo. Somos a mesma xente, somos como irmáns. Porque compartimos unha mesma cultura, da que estamos orgullosos.

Agora si, nenos non somos. Somos adolescentes. Somos o próximo futuro. Con ideas PROPIAS. Influídos por nós mesmos. Adoctrinados por ninguén. E temos iniciativa. Non imos ser unha xeración pasiva máis. Nós non nos conformamos. Non nos gusta este mundo que imos herdar, e por iso loitamos. Loitamos polo cambio. Loitamos polo que queremos. Eu non vou vivir nun mundo herdado que non me gusta. Non, non sen loitar. E coma mín, moitos máis. Moitos, moitos máis. Así que dicide o que queirades. Porque vós teredes toda a diplomacia e a forza política que queirades; pero nós, nós somos o pobo e somos o futuro. E non temos pensado deixar que nos dominen. Sen o pobo, non funciona a política.


Así que continuade GB, porque nós tamén continuaremos loitando.

Indignado.

Radicales. Anticonstitucionales. Talibáns lingüisticos. Adoctrinados.

domingo, 11 de marzo de 2012

Pequeno soñador.

A vida nunca foi fácil. Esta vez, non ía ser un caso distinto. Estaba el. O pequeno soñador. Soñador si, mais os seus castelos no aire eran asediados pola cruda realidade. Esta vez decidira ser un fiel cabaleiro. Buscaba o tesouro. O seu tesouro. Aquel que lle correspondía. Camiñaba. Camiñaba só.

Un día, farto de non sacar fruto daquela longa busca, chegou a un val. Deuse conta, de que aquilo tampouco era o que levaba tanto tempo buscando. Pero dixo: "E se nunca encontro o que busco?". Entón, decidiu asentarse alí. Naquel bonito, luminoso e esperanzoso val. El estaba a gusto alí. Cada vez, había menos dúbidas, e se ía sentindo máis acollido. Mais un día, atopou, río arriba; por fin, o seu lugar. Dende o momento en que o viu ao lonxe, sentiuno no corazón. Era alí. Mais el xa estaba asentado, xa tiña esperanzas no outro lugar. A súa cabeza, dicíalle que volvese e so olvidase do que acababa de atopar. Pero o seu corazón suplicaballe non deixar pasar aquela oportunidade.