martes, 28 de diciembre de 2010

Vidas en paralelo...

Eu estou aquí na casa. Tan traquilo, sentado frente ao computador.Estou ben, non estou demasiado contento, pero tampouco triste. Tiven momentos mellores e peores. Din que tódalas persoas estamos relacionados por unha cadea de como moito 6 persoas (é dicir, eu coñezo a un rapaz, que ten un tío, que coñeze a...). Pode que sexa certo, pero por outra parte esas vidas, aínda que estén relacionadas por esa cadea, prácticamente están en paralelo. Mesmo as nosas e as dos nosos amigo pode que o estén tamén. Podemos influír, falando con ditas persoas ou con feitos, e tamén se dan casos de persoas que lle cambian a vida a outras.

Claro que a situación se dá con case tódalas persoas que non coñecemos (tendo en conta os milleiros de homes e mulleres que existen), pero pode ocorrer que a distancia nos separe de amigos.

Pola miña parte, nos meus momentos de tristura, neses que penso en min e...

Creo que esta entrada está incompleta e ahora non me vexo eu demasiado ben para rematala. O que eu trataba de dicir é que mentres eu podo estar aquí, outra persoa pode estar nunha situacion moito peor ou moito mellor, e eu sen sabelo... Estou espeso, e creo que non consigo expresar demasiado ben o que penso e sinto... Sábeme mal deixar esta entrada así, porque tiña moitas ganas de escribir; pero en canto me vexa capaz volvereito tentar. E quizais teña mais sorte.

Ao fin e ao cabo vexo esta entrada un pouco estúpida, porque creo q esto é algo que xa sabemos todos...

Aproveito para desexarvos a todos un Feliz Nadal!!!

domingo, 19 de diciembre de 2010

Creo que son algo coma isto...

Son a clase de persoa que non se rinde tan facilmente pero que á minima se lle bota o mundo enriba, ese tipo de rapaz que non pensa o que di, dos que se arrepinte ao tempo que fala. Son alguen fácil de convencer e difícil de facer entrar en razón. Acostumo ser o que se sabe poñer sen problemas no lugar do outro, ese tipo de persoa que nunca chegas a coñecer de todo e que sen querer, sorrí para parecer moito máis forte...
Unha máscara irrompible e uns sentimentos tan débiles coma fíos de seda finísimos e endebles.

lunes, 6 de diciembre de 2010

E así foi.

Por fin estaba onde eu quería. Desexaba chegar aí. Agora sí, podía escoller. Iso era o que eu creía querer. Pero unha vez chegado, dinme conta de que iso non era o que eu buscaba. Xa podía tomar a decisión, pero vin que non era tan sinxelo. Non podía derruír aquel que era o meu castelo tan procurado, construído con suor e sangue. Xa me daba igual derruílo, pero recordei que ela todavía estaba dentro. E dada esa situación eu non podía facer nada, xa que non a podía soterrar baixo as ruinas. Por outra banda estaba aquel exército. Naquel frente de batalla non había máis ca unha persoa. Era a outra ela. Tan só unha persoa, mais era aquel momento e aquela cabaleira o peor co que me podía enfrentar. O exército sabía que eu era débil, aínda que non o demostrase, e tamén sabía que tarde ou cedo eu remataría por sucumbir. Aquelas terribles armas que non facían dano físico, senón doutro tipo. Eu planeaba unha estratexia, pero non atopaba a mellor. E no momento onde eu sabía que faltaba pouco para a miña derrota chegou a luz. Chegou a mensaxe. Unha mensaxe que me brindaba a oportunidade de botar abaixo o castelo, sen riscos. Penseino, e fixen o que creía mellor. Evacuei o edificio e boteino abaixo. Todo rematou, ou eso espero. Oxalá isto non desencadee nada malo.

Agora toca intentalo de novo. Caer e levantarse. Un novo castelo e un novo imperio. Así rematou este episodio, tras dous meses de construcción, disfrute, loita e fin. Agora queda esperar que a sorte me ampare na miña procura, e quizais esta vez xa non haxa que derruír. Así que veña, a comezar outra vez de cero.

viernes, 3 de diciembre de 2010

Non hai novas entradas.

Desexos de escribir hainos. Hainos a moreas. Pero non podo. Non teño internet e máis non teño tempo de escribir na biblioteca ni en lugares deste estilo. Teño moitas cousas pendentes que contar, pero de momento non podo, e en canto me sexa posible escribirei todo o acumulado.

Un saúdo e unha aperta para todos, e moitas grazas por ler este meu espazo.