tag:blogger.com,1999:blog-32783461811677578022024-02-20T07:05:40.139-08:00Invisible.Non, transparente.Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.comBlogger26125tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-20292101770769831992014-04-19T19:29:00.001-07:002014-04-19T19:32:30.301-07:00Metamorfose
Coma un lóstrego de ilusión
co seu sorriso confiado
Ela sobe ata a copa máis alta
Ela baixa fluíndo entre as árbores
O seu perfil adiviña a inocencia
da súa pel branca reflexada nas fragas,
das perlas que adornan os seus lóbulos
e do seu cabelo xinete da corrente
A doce rapaza feita muller
O froito máis sutil dun mármore estático,
cincelado polo artesán do propio carácter:
pulindo os detalles, conservando a esencia
Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-57643915999301139542014-03-24T16:52:00.001-07:002014-03-24T16:52:43.666-07:00Bonecas rusas
Dende os brancos vales
ás pálidas chairas
surcadas
polos máis elegantes meandros
que afortunados se deslizan
por tan sutiles campos de azahar
As fragas quedas
fogar do fulgor,
que ben se tornan
no espello do mundo
reflictido dende o bosque
O mar negro,
de onde brotan os pentagramas
das miñas humildes notas
desquintadas ou ben desquiciadas
polo se mecer desas ondas escuras
Contrastes que definen
o límite da realidade
e un mundo surrealista
Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-31125306765494503692014-03-23T15:40:00.000-07:002014-03-23T15:40:02.771-07:00Estrela 211Universos infinitos inundados,
De chuvia
De asteroides
De galaxias en escaleira.
Escaleiras que suben ou que baixan?
Escaleiras sen máis
Escaleiras de caracol
Escaleiras sen relanzos
En cada relanzo un pequeno descanso,
Para ir subindo
Para ir baixando
Para ir de banzo en banzo.
A cada banzo máis preto,
Dun remate
Dun comezo
A cada banzo
máis preto,
de ti.Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-9099067538437375012013-01-05T02:38:00.001-08:002013-01-05T11:45:16.841-08:00Mañá n°1
Entón, nunha mañá fría de inverno, daste conta do triste que debe ser non ter que facer. Da pena que se saque a "relucir" con tanta despreocupación, tanto orgullo e tanta frecuencia o gran vacío cultural que reside en demasiadas cabezas.
O realmente triste é que se poña de moda unha actitude de ignorantes, na cal o modelo a seguir é calquera tipo prepotente, cos mesmos estudos ca un neno de 7 anos e que vive de aparecer na televisión en calquera dos programas que tanto están aflorando ultimamente. O típico "maquinita", onde o seu volume corporal é inversamente proporcional ao cerebral; que se dedica a ir por ahí de ricachón ou de triunfador, constantemente rodeado de mulleres todavía máis asquerosas e estúpidas, que se deixan manipular e degradar. Pero a esta xente non só se lles paga un verdadeiro pastón por facer o borrego en televisión, senón que se lle aclama como grandes descubridores ou salvadores, e todo o mundo os desexa traer á discoteca máis cercana para poder tocalos e sacarse unha foto xuntos.
Despois queremos que se nos respete nos outros países e que ninguén nos tome por descerebrados.
Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com3tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-9125650279122108592012-09-25T14:34:00.001-07:002012-09-25T14:34:28.192-07:00Amencer n°1
Entón chega ese momento no que sabes que tes que erguer a cabeza. Recordar o teu orgullo. Ou quizais o que tiñas. Ou quizais o que quixeses ter.
Tal vez só che queden escombros ou cinza, nunca sabes como acabarán as cousas. Non sei se está ben dicir que algo acabe ben ou mal. A palabra "acabar" en sí non é demasiado agradable, non si?
Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-50907468652013159842012-09-22T06:40:00.000-07:002012-09-22T06:40:19.959-07:00Xuventude extraterrestre. Vivimos nun mundo froito de numerosas loitas e progresos, hoxe dominado pola globalización, as tecnoloxías... Ao longo dos anos numerosos personaxes e agrupacións mostraron o seu descontento ante as situacións que vivían: folgas, protestas, manifestacións... A ninguén lle gusta sentirse obligado, escravo nin inferior. Destes sentimentos, que case sempre cargaban contra a envexa, a codicia ou a crueldade; xurdiron todos estes tipos de agrupacións que protestaban polo cambio.
Mais a día de hoxe, onde quedou todo ese espírito loitador e libertador? A maioría das xuventudes semellan abducidas pola rede, os móbiles... Coma se vivisen noutro mundo. Procuran manterse ao marxe de problemas tales coma o enorme número de persoas paradas, toda a xente que non ten con que sustentarse nin onde vivir... Por non esquecernos da política. "Que será iso? Que máis da, temos unha democracia, ou iso din, así que cando me toque votar xa mirarei o que fago".
Podes ir pola rúa e preguntarlle a calquera adolescente sobre o movemento 15M; probablemente che dirá que si, que todo iso está moi ben e que lle parece xenial que se proteste. Para el claro que está ben, mirando desde a casa e manténdose ao marxe. Iso si, en canto a selección gana calquera título internacional todos saen á rúa a festexalo coma se non houbese mañán. Pero do mesmo xeito, cando de verdade hai que saír, e mobilizarse: "Ah, que ben, hai folga por algo, mañán perdemos a clase".
Acaso non debemos pelexar polo mundo no que queremos vivir? Acaso non deberiamos unirnos ao 15M por unha verdadeira democracia con máis referendos para seren nós quen tomamos as decisións? Por que imos ser os títeres de políticos españois e europeos? A ninguén lle gustan os recortes, mostremos o noso descontento! España, xunto con outros países, non ten que ser a locomotora que saque a Europa da crise.
Pero bueno, parece que á maioría da xuventude, quen imos herdar este mundo, nos da igual todo iso. Tal vez só queiramos ser pasaxeiros desta viaxe sen decidir o noso destino.Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-60286980655516942612012-04-30T15:20:00.003-07:002012-04-30T15:36:16.680-07:00Respiro.Aquela rapaza
era coma o aire novo.
Tan sinxela, mais tan delicada.
Tan sinxela, mais perfecta en cada detalle.
Aqueles profundos ollos verdes,
nos que eu vía reflexados os bosques.
Aqueles ollos eran, coma o frescor da natureza.
Soño con acoller as súas agarimosas meixelas.
Soño con sentir os seus cabelos loiros.
Soño cos seus carnosos beizos.
Soño.
Mais iso, tan só soño.
É tan marabillosa coma o ceo e as estrelas,
mais igual de inalcanzable.Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-64475692108703066422012-04-30T15:02:00.003-07:002012-04-30T15:13:50.298-07:00Opacidade.Humidade.
Dende o primeiro momento.
Cada vez que amencía,
sabíao.
Ninguén dixera nada.
Máis non era necesario.
Pertencía ao tipo de cousas,
que se perciben co corazón.
Coma un calafrío.
Coma a noite pecha de verán.
Agradable.
Coma cando notas a calor.
Coma a calor dos raios de sol da primavera.
Coma a calor de dous corpos nús,
abrazados na escuridade.
Agora, baleiro.Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-17291629995053038802012-03-26T09:36:00.002-07:002012-03-26T10:11:36.594-07:00Turquesa.Verde brisa primaveral.
Auga turbia e sucia.
Onde está a liberdade? Onde está o frescor?
Vistos dende o lonxe, semellaban...
Aquel sombreiro de palla,
que se mecía, e se mostraba cómodo baixo o sol.
Semellaban libres.
Por que aquel verde... non era o convencional?
Era un verde, estremecedor.
Facíame sentir frío.
Frío e medo.
Escuridade nun burato, eso era.
Que máis da?
Mira, mira o que tes enriba.
O ceo segue sendo igual de amplo.
Igual de extenso e igual de tranquilo.
Seguirei soñando con ser esa andoriña que o atravesa,
sen vento en contra, e sen preocupación.
Angustia, pero que máis da?
O ceo segue sendo turquesa.Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-72911256150875198382012-03-13T01:38:00.003-07:002012-03-13T02:22:01.887-07:00Indignado.Radicales. Anticonstitucionales. Talibáns lingüisticos. Adoctrinados. Pensei que nunca oíria tantas sandeces xuntas. Si, dixen oíria, porque non dedicaría nin un segundo da miña vida a escoitar esa clase de ofensas.
Agora din, que si violamos dereitos, que si somos uns nacionalistas extremistas... Vamos home, e que hai do dereito a unha vivenda? Que hai do dereito á educación? Non hai outras cousas con máis prioridade? Pero bueno, como vexo que iso non vos importa... Non é peor o voso caso? A violación da liberdade de expresión. O único "mal" que fixemos foi expresar a nosa opinión. Cando dicimos: "Preferimos a un do Bierzo que...", precisamente dimos iso: PREFERIMOS. É dicir, que nos gusta máis. Pero quen dixo nada de excluír aos demais? Logo, respecto ao de que as fronteiras de Galiza as poña o galego; referímonos, non ao territorio, senón a que todos os que somos galegos e falamos galego, formamos parte do mismo pobo. Somos a mesma xente, somos como irmáns. Porque compartimos unha mesma cultura, da que estamos orgullosos.
Agora si, nenos non somos. Somos adolescentes. Somos o próximo futuro. Con ideas PROPIAS. Influídos por nós mesmos. Adoctrinados por ninguén. E temos iniciativa. Non imos ser unha xeración pasiva máis. Nós non nos conformamos. Non nos gusta este mundo que imos herdar, e por iso loitamos. Loitamos polo cambio. Loitamos polo que queremos. Eu non vou vivir nun mundo herdado que non me gusta. Non, non sen loitar. E coma mín, moitos máis. Moitos, moitos máis. Así que dicide o que queirades. Porque vós teredes toda a diplomacia e a forza política que queirades; pero nós, nós somos o pobo e somos o futuro. E non temos pensado deixar que nos dominen. Sen o pobo, non funciona a política.
Así que continuade GB, porque nós tamén continuaremos loitando.Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com3tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-52473004009169080672012-03-13T01:38:00.000-07:002019-03-05T09:43:38.819-08:00Indignado.
Radicales. Anticonstitucionales. Talibáns lingüisticos. Adoctrinados.
Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-50548400285252902022012-03-11T10:35:00.003-07:002012-03-11T11:05:47.256-07:00Pequeno soñador.A vida nunca foi fácil. Esta vez, non ía ser un caso distinto. Estaba el. O pequeno soñador. Soñador si, mais os seus castelos no aire eran asediados pola cruda realidade. Esta vez decidira ser un fiel cabaleiro. Buscaba o tesouro. O seu tesouro. Aquel que lle correspondía. Camiñaba. Camiñaba só.
Un día, farto de non sacar fruto daquela longa busca, chegou a un val. Deuse conta, de que aquilo tampouco era o que levaba tanto tempo buscando. Pero dixo: "E se nunca encontro o que busco?". Entón, decidiu asentarse alí. Naquel bonito, luminoso e esperanzoso val. El estaba a gusto alí. Cada vez, había menos dúbidas, e se ía sentindo máis acollido. Mais un día, atopou, río arriba; por fin, o seu lugar. Dende o momento en que o viu ao lonxe, sentiuno no corazón. Era alí. Mais el xa estaba asentado, xa tiña esperanzas no outro lugar. A súa cabeza, dicíalle que volvese e so olvidase do que acababa de atopar. Pero o seu corazón suplicaballe non deixar pasar aquela oportunidade.Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-49261490118970018382012-02-29T04:41:00.002-08:002012-02-29T04:47:34.355-08:00- Que pasa se se nos cae o ceo enriba?- Nada pequena, non pasaría nada.
- Como non ía pasar nada?
- Non, non pasaria nada:
Ninguén sabería que o ceo ía caer. Entón, os ríos continúan fluíndo, os cans ladrando, os salmóns contracorrente, as persoas camiñando, os namorados bicándose...
De repente, o ceo vense abaixo. Pero todo remata de repente. Ninguén sofre. Ninguén queda só. Entón, si nada xirou, si non cambiou a vida de niguén e se todo rematou de súpeto; que pasou? Absolutamente nada, simplemente, todo rematou e quedou sumido en silencio. Pero nun silencio solemne. O silencio do respirar, o silencio da tranquilidade. O silencio da ausencia.Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-33723903785129956612012-02-29T04:11:00.002-08:002012-02-29T04:41:01.896-08:00Agarda.Non te podes ir todavía
porque aínda...
Aínda non albiscamos ao lonxe un atardecer alaranxado.
Aínda non nos bañamos na alegría dunha calurosa tarde.
Aínda non respiramos o espírito do mediodia xoven en verán.
Aínda non nos sorrimos abrazados no anoitecer.
Sobre todo, aínda...
Aínda non nos bicamos baixo a choiva
Nin sequera choramos baixo ela
Confundindo as nosas bágoas,
coas gotas que discorren través as nosas meixelas.
Ambas esvarando pola nosa face,
mirándose e intimando.
Ata xuntarse.
Colmando a mestura mestra de tristura.
A mestura das bágoas profundas que nacen dunha ilusión rota,
coas gotas que caen dende semellantes nubes escuras;
ata desembocar nun solitario chan, que lonxe queda perdido.
Paisaxe nublada e gris, gris coma a cinza.Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-13169310800295620802011-10-26T04:42:00.000-07:002011-10-26T04:57:00.438-07:00Videoclips con crítica á sociedadeRadiohead ese gran grupo que leva anos facendo boa música. Recoñecido grupo alternativo, que tanto compón cancións sentimentais, como de critica social. Hoxe, vou deixar uns vídeos de cancións deste último tipo. Estaría ben que os vírades, xa que os videoclips tamén teñen certa significación. Pois eso, déixovolos para que vos fagan pensar, e xa me diredes que vos dan a entender e mais o que opinades ao respecto.
Isto comezou coma un traballo de Lingua Galega, pero logo seguín escribindo unha opinión. Como me gustou o resultado final, aquí volo deixo.
A min gustaríame opinar sobre a noticia que fala da ideoloxía da mocidade.
Comezar falando pola imaxe dos políticos. Un mundo que en teoría está en crise (unha crise baseada en que o PIB non aumenta, o que quere dicir que se non producimos máis e máis imos mal. Chegará o día no que non sexan suficientes os recursos, non?), e en España dous partidos predominantes: PSOE e PP. O PSOE presidindo, e mentres estamos nesta ''crise'' (creo que o prioritario sería cambiar o sistema e non atopar solucións temporais), que ocorre? Ao PSOE non lle vai demasiado ben, parece, e busca solucións onde pode para mellorar a situación do noso país (aínda que non sempre fagan o mellor). Ante a situación de presión sobre o PSOE, os populares adícanse a bombardear con críticas a dirección que levan os socialistas sobre España. Non fan máis que ''poñerse podres uns a outros'', por así decilo; e a imaxe que teño do PP é que só lles importa ter a presidencia. Á fin e ao cabo somos todos persoas, quizais con ideas distintas, pero todos españois. Xa que estamos tan mal, por que non xuntarse todos para tratar de atopar unha verdadeira solución e deixarse de tantas paparruchas? Ben, esta e a miña idea da política española; e como comprenderedes non teño unha imaxe precisamente moi boa dos políticos.
Estou dacordo coa orientación política da nosa sociedade (eu persoalmente son de centro-esquerdas, non me importa decilo).
En canto ás institucións: ben, confío nas ONGs de verdade (non esas falsas que se quedan cos cartos) que coa axuda de todos poden axudar a facer do noso, un mundo mellor. Institucións dese tipo quizais teñan para min un valor maior, pero logo, institucións tales como a realeza, ou sobre todo a igrexa non me gustan. Estou en desacordo con bastantes aspectos da miña igrexa (a católica) xa que para min ten moitos tópicos anticuados. Ao mellor, polo que coñezo doutras relixións, unha máis adecuada para min sería o protestantismo. Non vexo tantas ideas propias dunha sociedade anterior e non me parece tan digamos ''fascista'' en certos aspectos.
Eu polo menos teño unha conciencia ecolóxica bastante boa. Opino que é importante reciclar e aforrar tanto enerxía coma recursos. E creo que cos avances tecnolóxicos e científicos poderemos salvar o planeta do impacto mediambiental.
No lecer adoito escoitar música ou estar con amigos (ou ben falar con eles por redes sociales), pero sobre todo facer deporte. Gústame ler, pero non teño demasiado tempo para iso. Cando máis tempo adico á lectura é ao acercarse os exames de lectura. Teño tamén móbil e utilizoo moito.
Para rematar, vou falar do futuro. Non digo que vaia vivir peor que meus pais, en teoría debería progresar a sociedade a mellor; pero creo que para iso debería cambiar o sistema. Non penso que vou vivir mellor ou peor, máis ben que xa se irá vendo pouco a pouco. Dicir agora isto sería un tanto precipitado nesta época de cambios.
Aínda que xa tendes o enlace do blog de Galego do meu centro, vólvolo deixar por se lle queredes botar unha ollada.
Apertas e, coma sempre, grazas por visitar este blog e ler o que escribo.
Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-31136475208698113692010-12-28T08:02:00.000-08:002019-03-05T09:43:38.320-08:00Vidas en paralelo... Eu estou aquí na casa. Tan traquilo, sentado frente ao computador.Estou ben, non estou demasiado contento, pero tampouco triste. Tiven momentos mellores e peores. Din que tódalas persoas estamos relacionados por unha cadea de como moito 6 persoas (é dicir, eu coñezo a un rapaz, que ten un tío, que coñeze a...). Pode que sexa certo, pero por outra parte esas vidas, aínda que estén relacionadas por esa cadea, prácticamente están en paralelo. Mesmo as nosas e as dos nosos amigo pode que o estén tamén. Podemos influír, falando con ditas persoas ou con feitos, e tamén se dan casos de persoas que lle cambian a vida a outras.
Claro que a situación se dá con case tódalas persoas que non coñecemos (tendo en conta os milleiros de homes e mulleres que existen), pero pode ocorrer que a distancia nos separe de amigos.
Pola miña parte, nos meus momentos de tristura, neses que penso en min e...
Creo que esta entrada está incompleta e ahora non me vexo eu demasiado ben para rematala. O que eu trataba de dicir é que mentres eu podo estar aquí, outra persoa pode estar nunha situacion moito peor ou moito mellor, e eu sen sabelo... Estou espeso, e creo que non consigo expresar demasiado ben o que penso e sinto... Sábeme mal deixar esta entrada así, porque tiña moitas ganas de escribir; pero en canto me vexa capaz volvereito tentar. E quizais teña mais sorte.
Ao fin e ao cabo vexo esta entrada un pouco estúpida, porque creo q esto é algo que xa sabemos todos...
Aproveito para desexarvos a todos un Feliz Nadal!!!
Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-8629466007369374412010-12-19T08:56:00.000-08:002010-12-19T09:02:59.554-08:00Creo que son algo coma isto...
Son a clase de persoa que non se rinde tan facilmente pero que á minima se lle bota o mundo enriba, ese tipo de rapaz que non pensa o que di, dos que se arrepinte ao tempo que fala. Son alguen fácil de convencer e difícil de facer entrar en razón. Acostumo ser o que se sabe poñer sen problemas no lugar do outro, ese tipo de persoa que nunca chegas a coñecer de todo e que sen querer, sorrí para parecer moito máis forte...
Unha máscara irrompible e uns sentimentos tan débiles coma fíos de seda finísimos e endebles.
Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-43078177660425810692010-12-06T05:11:00.000-08:002010-12-07T12:23:20.978-08:00E así foi.Por fin estaba onde eu quería. Desexaba chegar aí. Agora sí, podía escoller. Iso era o que eu creía querer. Pero unha vez chegado, dinme conta de que iso non era o que eu buscaba. Xa podía tomar a decisión, pero vin que non era tan sinxelo. Non podía derruír aquel que era o meu castelo tan procurado, construído con suor e sangue. Xa me daba igual derruílo, pero recordei que ela todavía estaba dentro. E dada esa situación eu non podía facer nada, xa que non a podía soterrar baixo as ruinas. Por outra banda estaba aquel exército. Naquel frente de batalla non había máis ca unha persoa. Era a outra ela. Tan só unha persoa, mais era aquel momento e aquela cabaleira o peor co que me podía enfrentar. O exército sabía que eu era débil, aínda que non o demostrase, e tamén sabía que tarde ou cedo eu remataría por sucumbir. Aquelas terribles armas que non facían dano físico, senón doutro tipo. Eu planeaba unha estratexia, pero non atopaba a mellor. E no momento onde eu sabía que faltaba pouco para a miña derrota chegou a luz. Chegou a mensaxe. Unha mensaxe que me brindaba a oportunidade de botar abaixo o castelo, sen riscos. Penseino, e fixen o que creía mellor. Evacuei o edificio e boteino abaixo. Todo rematou, ou eso espero. Oxalá isto non desencadee nada malo.
Agora toca intentalo de novo. Caer e levantarse. Un novo castelo e un novo imperio. Así rematou este episodio, tras dous meses de construcción, disfrute, loita e fin. Agora queda esperar que a sorte me ampare na miña procura, e quizais esta vez xa non haxa que derruír. Así que veña, a comezar outra vez de cero.Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-53410729136832962682010-12-03T07:35:00.000-08:002010-12-06T09:50:37.693-08:00Non hai novas entradas.Desexos de escribir hainos. Hainos a moreas. Pero non podo. Non teño internet e máis non teño tempo de escribir na biblioteca ni en lugares deste estilo. Teño moitas cousas pendentes que contar, pero de momento non podo, e en canto me sexa posible escribirei todo o acumulado.
Un saúdo e unha aperta para todos, e moitas grazas por ler este meu espazo.Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-23248707428867815122010-11-22T10:55:00.000-08:002010-12-07T12:20:14.810-08:00Carta de despedidaRecorda sempre que non debes facer caso das cousas malas que diga a xente e que sexan mentira, porque ti eres mellor que iso. Quero que estés feliz porque co boa que eres non mereces que te traten mal. Eres a máis importante para min, e iso non vai cambiar. Pode que eu non sexa o mellor que poidas atopar pero espero estar á altura, porque eres do mellor que me pasou. Espero poder axudarche sempre que o necesites (sabes que estou aquí para o que queiras). Que non che importen as cousas malas, porque ó final os recordos que perviven na memoria son os bos, mentres que os malos olvídanse. Seguiremos falando, e aínda que non o fagamos tanto, sempre nos levaremos o un ao outro no corazón.Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-87916901944378824122010-11-12T11:16:00.000-08:002010-11-16T09:20:10.388-08:00O silencio.Que é o silencio?
Moitos dirán que o silencio é a ausencia total de sonido, pero eso prácticamente só é posible no espazo (onde non hai aire). Eu diría que na Terra non se pode atopar o silencio total. O vento, a chuvia, os coches, e ata o noso respirar. Todo xera sonidos. O que veño a dicir é que no noso día a día o silencio ten outro matiz. Diríamos que estamos en silencio cando non falamos. Algúns quererán silencio para concentrarse, outros para relaxarse... Claro que sempre está ben falar coa xente (para min sería imposible vivir son conversar con ninguén), pero de vez en cando deberiamos pararnos a escoitar ese silencio. Para min, é unha experiencia case indefinible. Darse conta do que soa ao noso arredor mentres nos falamos ou facemos ruído. Ao escoitalo sinto en min calma e tranquilidade. Coma se todo o mundo desaparecese por un momento. Olvidar os problemas, o traballo, os agobios... En momentos coma ese daste conta do estúpid é o sociedade pensando que cada vez necesita máis e máis cousas e máis e máis cartos, cando tan só necesitamos algunhas cousas para ser felices. Esa paz interior que se sinte, coma un frenesí de emocións positivas que loitan contra os males e te deixan respirar tranquilo.
De verdade necesitamos triunfar e ser populares? De verdade necesitamos ter a mellor casa do mundo? De verdade necesitamos un coche que alcance os 270 km/h e que consume o dobre dun que alcanza os 130 cando o límite é de 120? Podería seguir formulando preguntas deste estilo, pero á que chegariamos sería ese eslogan de IKEA: "Non é máis rico o que máis ten, senón o que menos necesita." Si, foi usado en publicidade, pero é certo. De verdade preferides ser a persoa que ten 3 mansións, 5 coches deportivos e unha fortuna coma a de Bill Gates pero que nunca consegue ser feliz; ou a persoa que ten un piso de 50 metros cadrados, un coche normaliño, unha televisión de 17'', auga na ducha ás veces quente e ás veces fría; pero que sexa unha persoa que se levanta pola mañá sorrindo é di:
-Si, teño todo isto e un traballo que tampouco é o mellor do mundo, pero son feliz co que teño, e a min bástame.
Ao fin e ao cabo, o que buscamos é ser felices, pero teñennos concienciados de xeito que pensamos que necesitamos ter moitos cartos e ter o mellor... Eu penso que o primeiro que necistamos é aclarar as ideas e pensar realmente o que nos faría felices. Persoalmente, para min unha das cousas máis importantes é non só sentirse querido, senón tamén querer (xa que polo menos a min éncheme dun bonito sentimento gratificante).
Por último, volver a agradecer ao meu profesor de tecnoloxía (Enrique) que trate estes temas na clase, xa que me fan reflexionar e iso gústame. Ademáis, se non fose por esas clases á varias entradas deste blog faltaríalles algo.
Unha amistosa aperta para todos.Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com3tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-5031095078877208712010-11-05T08:00:00.000-07:002010-11-16T09:19:00.624-08:00E resulta que vivimos nunha farsa.É imposible saber a verdade completamente, xa nolo dixo Enrique; pero a recente charla que tivemos na pasada clase de tecnoloxía fixome cavilar. Tras darlle voltas, caemos na conta de que todo ronda arredor dos cartos.
Levamos xa unhas cantas sesións observando a relación que hai en varios países entre o seu capital, a calidade de vida da súa poboación e o feliz que se considera ésta. A renda dos países acostumaba estar relacionada coa calidade de vida nestes, pero non sempre o estaba coa felicidade. Estuvemos falando, e chegamos á conclusión de que a xente non sempre necesita os cartos para ser feliz. Un exemplo era o de Colombia. Nas dúas primeiras clasificacións estaba nos últimos postos, mentres que na de felicidade atopábase nos primeiros. Neste país resulta que a xente séntese feliz polo apoio que recibe da súa familia ou xente cercana, ou tamén polo feito de ser colombianos (pareceume estrano que a xente fose feliz polo seu patriotismo).
Mentres outra xente se conforma e lle chega co que ten, aquí non fan máis que meternos polos ollos cousas innecesarias. Fannos creer que a nosa vida podería mellorar moitísimo polo simple feito de ter un obxecto que non presenta tantas melloras coma as que din. Nesto baseanse a maioría das publicidades e o marketing. Unha boa opción sería desfacernos desas cousas porque remataremos por esgotar os recursos dunha forma estúpida, pero non podemos ou sería moi difícil.
Os estados réxense en xeral por partidos políticos (dudo que nun estado anárquico se esté mellor), e os partidos políticos sotéñense grazas ás empresas. Do mesmo xeito os xornais tamén subsisten en xeral grazas ás empresas (facéndolles publicidade). Os partídos políticos non poden denunciar abusos de certas empresas que os manteñen (xa que as empresas falarían mal dos partidos e faríanlle perder votos, ou directamente deixarían de aportarlle cartos. Da mesma forma, moitos periodistas desexarían contar verdades que poñen en evidencia a multinacionais ou grandes empresas, pero están sometidos a un silencio que non lles permite dar a coñecer ao resto da poboación o engano que están vivindo.
Gustaríame seguir falando deste tema, pero creo que todavía non estou o suficientemente informado, aínda que creo que se todo o mundo coñecese esta situación levaríanse (ou intentaríanse levar) a cabo solucións para sacar á luz as verdades sobre o capitalismo que permanecen na escuridade.Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com3tag:blogger.com,1999:blog-3278346181167757802.post-18974880958369688922010-10-30T09:49:00.000-07:002010-11-16T09:19:57.389-08:00Chove.Chove fóra, nas rúas, pero tamen chove dentro, dentro de min.
É un sentimento estrano ao que non lle atopo xustificación. Non me sinto ben, é coma se me faltase vida. Non teño ganas de facer nada. Bueno, nada non. Encantaríame saír cos meus amigos pero non podo. Últimamente pasame isto cando cando chove tanto. A min dame igual saír pola porta e mollarme. Dame igual que chova, trone ou neve. O que quero dicir é que isto non debería ser un impedimento para estar na rúa. Gústame a chuvia. Gústame estar baixo a chuvia, camiñar baixo a chuvia, sorrir baixo a chuvia, chorar baixo a chuvia... Pero odio quedarme na casa en días coma este. O tempo nunca o recuperaremos, cada segundo, cada minuto, cada momento que paso aquí frente ao computador sen facer nada é tempo que se volve pasado. Claro que son xoven e teño moito tempo por vivir, pero cando xa non o teña dareime conta do estúpido que fun malgastando o tempo. Tamén vou ir perdendo amigos co paso do tempo (e atopando novos), e por iso quero adicarlles este tempo tan valioso. Porque ninguén deixa apodrecer un caramelo mentres o pode comer.
Boto de menos á xente, amigos que viven preto e amigos que viven lonxe, e aínda que non me faga sentir demasiado ben creo que é algo bo. Ese sentimento demostra que teño ganas de vivir. Vivir ben. Disfrutando cada momento. Porque tentarei rir sempre que poida e chorar cando o necesite, pero só se o necesito.Pablo Potel Mariñohttp://www.blogger.com/profile/04849698244217168021noreply@blogger.com4