lunes, 22 de noviembre de 2010

Carta de despedida

Recorda sempre que non debes facer caso das cousas malas que diga a xente e que sexan mentira, porque ti eres mellor que iso. Quero que estés feliz porque co boa que eres non mereces que te traten mal. Eres a máis importante para min, e iso non vai cambiar. Pode que eu non sexa o mellor que poidas atopar pero espero estar á altura, porque eres do mellor que me pasou. Espero poder axudarche sempre que o necesites (sabes que estou aquí para o que queiras). Que non che importen as cousas malas, porque ó final os recordos que perviven na memoria son os bos, mentres que os malos olvídanse. Seguiremos falando, e aínda que non o fagamos tanto, sempre nos levaremos o un ao outro no corazón.

viernes, 12 de noviembre de 2010

O silencio.

Que é o silencio?
Moitos dirán que o silencio é a ausencia total de sonido, pero eso prácticamente só é posible no espazo (onde non hai aire). Eu diría que na Terra non se pode atopar o silencio total. O vento, a chuvia, os coches, e ata o noso respirar. Todo xera sonidos. O que veño a dicir é que no noso día a día o silencio ten outro matiz. Diríamos que estamos en silencio cando non falamos. Algúns quererán silencio para concentrarse, outros para relaxarse... Claro que sempre está ben falar coa xente (para min sería imposible vivir son conversar con ninguén), pero de vez en cando deberiamos pararnos a escoitar ese silencio. Para min, é unha experiencia case indefinible. Darse conta do que soa ao noso arredor mentres nos falamos ou facemos ruído. Ao escoitalo sinto en min calma e tranquilidade. Coma se todo o mundo desaparecese por un momento. Olvidar os problemas, o traballo, os agobios... En momentos coma ese daste conta do estúpid é o sociedade pensando que cada vez necesita máis e máis cousas e máis e máis cartos, cando tan só necesitamos algunhas cousas para ser felices. Esa paz interior que se sinte, coma un frenesí de emocións positivas que loitan contra os males e te deixan respirar tranquilo.

De verdade necesitamos triunfar e ser populares? De verdade necesitamos ter a mellor casa do mundo? De verdade necesitamos un coche que alcance os 270 km/h e que consume o dobre dun que alcanza os 130 cando o límite é de 120? Podería seguir formulando preguntas deste estilo, pero á que chegariamos sería ese eslogan de IKEA: "Non é máis rico o que máis ten, senón o que menos necesita." Si, foi usado en publicidade, pero é certo. De verdade preferides ser a persoa que ten 3 mansións, 5 coches deportivos e unha fortuna coma a de Bill Gates pero que nunca consegue ser feliz; ou a persoa que ten un piso de 50 metros cadrados, un coche normaliño, unha televisión de 17'', auga na ducha ás veces quente e ás veces fría; pero que sexa unha persoa que se levanta pola mañá sorrindo é di:
-Si, teño todo isto e un traballo que tampouco é o mellor do mundo, pero son feliz co que teño, e a min bástame.

Ao fin e ao cabo, o que buscamos é ser felices, pero teñennos concienciados de xeito que pensamos que necesitamos ter moitos cartos e ter o mellor... Eu penso que o primeiro que necistamos é aclarar as ideas e pensar realmente o que nos faría felices. Persoalmente, para min unha das cousas máis importantes é non só sentirse querido, senón tamén querer (xa que polo menos a min éncheme dun bonito sentimento gratificante).

Por último, volver a agradecer ao meu profesor de tecnoloxía (Enrique) que trate estes temas na clase, xa que me fan reflexionar e iso gústame. Ademáis, se non fose por esas clases á varias entradas deste blog faltaríalles algo.

Unha amistosa aperta para todos.

viernes, 5 de noviembre de 2010

E resulta que vivimos nunha farsa.

É imposible saber a verdade completamente, xa nolo dixo Enrique; pero a recente charla que tivemos na pasada clase de tecnoloxía fixome cavilar. Tras darlle voltas, caemos na conta de que todo ronda arredor dos cartos.

Levamos xa unhas cantas sesións observando a relación que hai en varios países entre o seu capital, a calidade de vida da súa poboación e o feliz que se considera ésta. A renda dos países acostumaba estar relacionada coa calidade de vida nestes, pero non sempre o estaba coa felicidade. Estuvemos falando, e chegamos á conclusión de que a xente non sempre necesita os cartos para ser feliz. Un exemplo era o de Colombia. Nas dúas primeiras clasificacións estaba nos últimos postos, mentres que na de felicidade atopábase nos primeiros. Neste país resulta que a xente séntese feliz polo apoio que recibe da súa familia ou xente cercana, ou tamén polo feito de ser colombianos (pareceume estrano que a xente fose feliz polo seu patriotismo).

Mentres outra xente se conforma e lle chega co que ten, aquí non fan máis que meternos polos ollos cousas innecesarias. Fannos creer que a nosa vida podería mellorar moitísimo polo simple feito de ter un obxecto que non presenta tantas melloras coma as que din. Nesto baseanse a maioría das publicidades e o marketing. Unha boa opción sería desfacernos desas cousas porque remataremos por esgotar os recursos dunha forma estúpida, pero non podemos ou sería moi difícil.

Os estados réxense en xeral por partidos políticos (dudo que nun estado anárquico se esté mellor), e os partidos políticos sotéñense grazas ás empresas. Do mesmo xeito os xornais tamén subsisten en xeral grazas ás empresas (facéndolles publicidade). Os partídos políticos non poden denunciar abusos de certas empresas que os manteñen (xa que as empresas falarían mal dos partidos e faríanlle perder votos, ou directamente deixarían de aportarlle cartos. Da mesma forma, moitos periodistas desexarían contar verdades que poñen en evidencia a multinacionais ou grandes empresas, pero están sometidos a un silencio que non lles permite dar a coñecer ao resto da poboación o engano que están vivindo.

Gustaríame seguir falando deste tema, pero creo que todavía non estou o suficientemente informado, aínda que creo que se todo o mundo coñecese esta situación levaríanse (ou intentaríanse levar) a cabo solucións para sacar á luz as verdades sobre o capitalismo que permanecen na escuridade.