martes, 28 de diciembre de 2010

Vidas en paralelo...

Eu estou aquí na casa. Tan traquilo, sentado frente ao computador.Estou ben, non estou demasiado contento, pero tampouco triste. Tiven momentos mellores e peores. Din que tódalas persoas estamos relacionados por unha cadea de como moito 6 persoas (é dicir, eu coñezo a un rapaz, que ten un tío, que coñeze a...). Pode que sexa certo, pero por outra parte esas vidas, aínda que estén relacionadas por esa cadea, prácticamente están en paralelo. Mesmo as nosas e as dos nosos amigo pode que o estén tamén. Podemos influír, falando con ditas persoas ou con feitos, e tamén se dan casos de persoas que lle cambian a vida a outras.

Claro que a situación se dá con case tódalas persoas que non coñecemos (tendo en conta os milleiros de homes e mulleres que existen), pero pode ocorrer que a distancia nos separe de amigos.

Pola miña parte, nos meus momentos de tristura, neses que penso en min e...

Creo que esta entrada está incompleta e ahora non me vexo eu demasiado ben para rematala. O que eu trataba de dicir é que mentres eu podo estar aquí, outra persoa pode estar nunha situacion moito peor ou moito mellor, e eu sen sabelo... Estou espeso, e creo que non consigo expresar demasiado ben o que penso e sinto... Sábeme mal deixar esta entrada así, porque tiña moitas ganas de escribir; pero en canto me vexa capaz volvereito tentar. E quizais teña mais sorte.

Ao fin e ao cabo vexo esta entrada un pouco estúpida, porque creo q esto é algo que xa sabemos todos...

Aproveito para desexarvos a todos un Feliz Nadal!!!

domingo, 19 de diciembre de 2010

Creo que son algo coma isto...

Son a clase de persoa que non se rinde tan facilmente pero que á minima se lle bota o mundo enriba, ese tipo de rapaz que non pensa o que di, dos que se arrepinte ao tempo que fala. Son alguen fácil de convencer e difícil de facer entrar en razón. Acostumo ser o que se sabe poñer sen problemas no lugar do outro, ese tipo de persoa que nunca chegas a coñecer de todo e que sen querer, sorrí para parecer moito máis forte...
Unha máscara irrompible e uns sentimentos tan débiles coma fíos de seda finísimos e endebles.

lunes, 6 de diciembre de 2010

E así foi.

Por fin estaba onde eu quería. Desexaba chegar aí. Agora sí, podía escoller. Iso era o que eu creía querer. Pero unha vez chegado, dinme conta de que iso non era o que eu buscaba. Xa podía tomar a decisión, pero vin que non era tan sinxelo. Non podía derruír aquel que era o meu castelo tan procurado, construído con suor e sangue. Xa me daba igual derruílo, pero recordei que ela todavía estaba dentro. E dada esa situación eu non podía facer nada, xa que non a podía soterrar baixo as ruinas. Por outra banda estaba aquel exército. Naquel frente de batalla non había máis ca unha persoa. Era a outra ela. Tan só unha persoa, mais era aquel momento e aquela cabaleira o peor co que me podía enfrentar. O exército sabía que eu era débil, aínda que non o demostrase, e tamén sabía que tarde ou cedo eu remataría por sucumbir. Aquelas terribles armas que non facían dano físico, senón doutro tipo. Eu planeaba unha estratexia, pero non atopaba a mellor. E no momento onde eu sabía que faltaba pouco para a miña derrota chegou a luz. Chegou a mensaxe. Unha mensaxe que me brindaba a oportunidade de botar abaixo o castelo, sen riscos. Penseino, e fixen o que creía mellor. Evacuei o edificio e boteino abaixo. Todo rematou, ou eso espero. Oxalá isto non desencadee nada malo.

Agora toca intentalo de novo. Caer e levantarse. Un novo castelo e un novo imperio. Así rematou este episodio, tras dous meses de construcción, disfrute, loita e fin. Agora queda esperar que a sorte me ampare na miña procura, e quizais esta vez xa non haxa que derruír. Así que veña, a comezar outra vez de cero.

viernes, 3 de diciembre de 2010

Non hai novas entradas.

Desexos de escribir hainos. Hainos a moreas. Pero non podo. Non teño internet e máis non teño tempo de escribir na biblioteca ni en lugares deste estilo. Teño moitas cousas pendentes que contar, pero de momento non podo, e en canto me sexa posible escribirei todo o acumulado.

Un saúdo e unha aperta para todos, e moitas grazas por ler este meu espazo.

lunes, 22 de noviembre de 2010

Carta de despedida

Recorda sempre que non debes facer caso das cousas malas que diga a xente e que sexan mentira, porque ti eres mellor que iso. Quero que estés feliz porque co boa que eres non mereces que te traten mal. Eres a máis importante para min, e iso non vai cambiar. Pode que eu non sexa o mellor que poidas atopar pero espero estar á altura, porque eres do mellor que me pasou. Espero poder axudarche sempre que o necesites (sabes que estou aquí para o que queiras). Que non che importen as cousas malas, porque ó final os recordos que perviven na memoria son os bos, mentres que os malos olvídanse. Seguiremos falando, e aínda que non o fagamos tanto, sempre nos levaremos o un ao outro no corazón.

viernes, 12 de noviembre de 2010

O silencio.

Que é o silencio?
Moitos dirán que o silencio é a ausencia total de sonido, pero eso prácticamente só é posible no espazo (onde non hai aire). Eu diría que na Terra non se pode atopar o silencio total. O vento, a chuvia, os coches, e ata o noso respirar. Todo xera sonidos. O que veño a dicir é que no noso día a día o silencio ten outro matiz. Diríamos que estamos en silencio cando non falamos. Algúns quererán silencio para concentrarse, outros para relaxarse... Claro que sempre está ben falar coa xente (para min sería imposible vivir son conversar con ninguén), pero de vez en cando deberiamos pararnos a escoitar ese silencio. Para min, é unha experiencia case indefinible. Darse conta do que soa ao noso arredor mentres nos falamos ou facemos ruído. Ao escoitalo sinto en min calma e tranquilidade. Coma se todo o mundo desaparecese por un momento. Olvidar os problemas, o traballo, os agobios... En momentos coma ese daste conta do estúpid é o sociedade pensando que cada vez necesita máis e máis cousas e máis e máis cartos, cando tan só necesitamos algunhas cousas para ser felices. Esa paz interior que se sinte, coma un frenesí de emocións positivas que loitan contra os males e te deixan respirar tranquilo.

De verdade necesitamos triunfar e ser populares? De verdade necesitamos ter a mellor casa do mundo? De verdade necesitamos un coche que alcance os 270 km/h e que consume o dobre dun que alcanza os 130 cando o límite é de 120? Podería seguir formulando preguntas deste estilo, pero á que chegariamos sería ese eslogan de IKEA: "Non é máis rico o que máis ten, senón o que menos necesita." Si, foi usado en publicidade, pero é certo. De verdade preferides ser a persoa que ten 3 mansións, 5 coches deportivos e unha fortuna coma a de Bill Gates pero que nunca consegue ser feliz; ou a persoa que ten un piso de 50 metros cadrados, un coche normaliño, unha televisión de 17'', auga na ducha ás veces quente e ás veces fría; pero que sexa unha persoa que se levanta pola mañá sorrindo é di:
-Si, teño todo isto e un traballo que tampouco é o mellor do mundo, pero son feliz co que teño, e a min bástame.

Ao fin e ao cabo, o que buscamos é ser felices, pero teñennos concienciados de xeito que pensamos que necesitamos ter moitos cartos e ter o mellor... Eu penso que o primeiro que necistamos é aclarar as ideas e pensar realmente o que nos faría felices. Persoalmente, para min unha das cousas máis importantes é non só sentirse querido, senón tamén querer (xa que polo menos a min éncheme dun bonito sentimento gratificante).

Por último, volver a agradecer ao meu profesor de tecnoloxía (Enrique) que trate estes temas na clase, xa que me fan reflexionar e iso gústame. Ademáis, se non fose por esas clases á varias entradas deste blog faltaríalles algo.

Unha amistosa aperta para todos.

viernes, 5 de noviembre de 2010

E resulta que vivimos nunha farsa.

É imposible saber a verdade completamente, xa nolo dixo Enrique; pero a recente charla que tivemos na pasada clase de tecnoloxía fixome cavilar. Tras darlle voltas, caemos na conta de que todo ronda arredor dos cartos.

Levamos xa unhas cantas sesións observando a relación que hai en varios países entre o seu capital, a calidade de vida da súa poboación e o feliz que se considera ésta. A renda dos países acostumaba estar relacionada coa calidade de vida nestes, pero non sempre o estaba coa felicidade. Estuvemos falando, e chegamos á conclusión de que a xente non sempre necesita os cartos para ser feliz. Un exemplo era o de Colombia. Nas dúas primeiras clasificacións estaba nos últimos postos, mentres que na de felicidade atopábase nos primeiros. Neste país resulta que a xente séntese feliz polo apoio que recibe da súa familia ou xente cercana, ou tamén polo feito de ser colombianos (pareceume estrano que a xente fose feliz polo seu patriotismo).

Mentres outra xente se conforma e lle chega co que ten, aquí non fan máis que meternos polos ollos cousas innecesarias. Fannos creer que a nosa vida podería mellorar moitísimo polo simple feito de ter un obxecto que non presenta tantas melloras coma as que din. Nesto baseanse a maioría das publicidades e o marketing. Unha boa opción sería desfacernos desas cousas porque remataremos por esgotar os recursos dunha forma estúpida, pero non podemos ou sería moi difícil.

Os estados réxense en xeral por partidos políticos (dudo que nun estado anárquico se esté mellor), e os partidos políticos sotéñense grazas ás empresas. Do mesmo xeito os xornais tamén subsisten en xeral grazas ás empresas (facéndolles publicidade). Os partídos políticos non poden denunciar abusos de certas empresas que os manteñen (xa que as empresas falarían mal dos partidos e faríanlle perder votos, ou directamente deixarían de aportarlle cartos. Da mesma forma, moitos periodistas desexarían contar verdades que poñen en evidencia a multinacionais ou grandes empresas, pero están sometidos a un silencio que non lles permite dar a coñecer ao resto da poboación o engano que están vivindo.

Gustaríame seguir falando deste tema, pero creo que todavía non estou o suficientemente informado, aínda que creo que se todo o mundo coñecese esta situación levaríanse (ou intentaríanse levar) a cabo solucións para sacar á luz as verdades sobre o capitalismo que permanecen na escuridade.

sábado, 30 de octubre de 2010

Chove.

Chove fóra, nas rúas, pero tamen chove dentro, dentro de min.

É un sentimento estrano ao que non lle atopo xustificación. Non me sinto ben, é coma se me faltase vida. Non teño ganas de facer nada. Bueno, nada non. Encantaríame saír cos meus amigos pero non podo. Últimamente pasame isto cando cando chove tanto. A min dame igual saír pola porta e mollarme. Dame igual que chova, trone ou neve. O que quero dicir é que isto non debería ser un impedimento para estar na rúa. Gústame a chuvia. Gústame estar baixo a chuvia, camiñar baixo a chuvia, sorrir baixo a chuvia, chorar baixo a chuvia... Pero odio quedarme na casa en días coma este. O tempo nunca o recuperaremos, cada segundo, cada minuto, cada momento que paso aquí frente ao computador sen facer nada é tempo que se volve pasado. Claro que son xoven e teño moito tempo por vivir, pero cando xa non o teña dareime conta do estúpido que fun malgastando o tempo. Tamén vou ir perdendo amigos co paso do tempo (e atopando novos), e por iso quero adicarlles este tempo tan valioso. Porque ninguén deixa apodrecer un caramelo mentres o pode comer.

Boto de menos á xente, amigos que viven preto e amigos que viven lonxe, e aínda que non me faga sentir demasiado ben creo que é algo bo. Ese sentimento demostra que teño ganas de vivir. Vivir ben. Disfrutando cada momento. Porque tentarei rir sempre que poida e chorar cando o necesite, pero só se o necesito.

viernes, 29 de octubre de 2010

O nacemento do blog.

Todavía non teño clara a razón da creación deste blog, sempre me gustou escribir os meus pensamentos ou sentimentos para desafogarme. Nunca me plantexara a idea de crear un blog con este fin ata que un día, vin o blog de Daniel Barral de Jesús (http://www.avozdaecuridade.blogspot.com/). Realmente recoméndovos visitar o blog de Daniel, gústame moito. Seguramente o meu blog non chegue a ser tan bó coma o do meu amigo, poderíase considerar un intento frustrado, pero eu non o chamaría así. Quizais o blog mencionado antes fose algo que me movese a crear este, pero eu non quero facer un blog coma o de Daniel. O que eu quero é facer o meu blog, si, tal vez similar, pero nunca tratarei de facelo igual. Seguramente cando lea o blog de Polly me veña a inspiración (o cal me parece algo admirable), pero non polas ganas de facer algo que conte algo parecido, senón polas ganas de escribir sobre min ou sobre a miña vida para desafogarme e quizais chegar a crear tanta beleza coma no outro blog. Nunca me gustou escribir por forza (coma as redaccións do colexio, por exemplo), pero fago esto por placer. Gústame e digamos que me fai sentir ben. Para min é algo xenial poder compartir as miñas reflexións e sentimentos cos demais deste xeito tan sinxelo. Por outro lado, non existe a presión de que eu estea convosco falándovos de min, e probablemente vós leredelo cando eu non esté diante polo que me resulta máis agradable. Tampouco vos vou obrigar a ler isto. Haberá quen lle guste e o lea, e haberá quen non lle guste e deixe de ler. Pero a min iso dame exactamente igual. Claro que me gustaría que se comentasen as entradas, pero ao marxe diso, tamén escribo para min, coma se isto me axudase a sentirme mellor comigo mesmo.

Creo que xa abonda de presentación, e vouvos deixar, para comezar, unha entrada que escribín onte no meu tuenti (aínda que está en castelán, procurarei escribir en galego, porque me gusta máis, pero vouvos deixar de todos xeitos esta entrada en castelán porque me gusta):
Yo?
Si yo, claro. Pues yo soy yo, y cómo soy yo? Soy moreno, un poco alto, tengo el pelo marron oscuro y semi-largo. Dicen que soy listo porque se me da bastante bien el colegio (aunque no me guste... :S). Me gusta mucho hacer deporte porque me hace sentir bien y me gusta tener buena forma física. Me gusta en especial el piragüismo. Me parece un deporte ideal porque, aunque sea un deporte sufrido, si tu trabajas vas a obtener resultados y básicamente es eso. Además está genial porque viajamos a muchos sitios y nunca es igual (puede haber maratón, pista, promoción, descenso, travesía, barcos de equipo, puede variar con el tiempo que haga...). También me encanta la música. La música es parte de mi vida. Mi vida sería muy diferente sin música. Me gusta todo o casi todo tipo de música, aunque en especial el rock. Creo que mis amigos piensan que soy gracioso y buen chaval. Creo que les gusta estar conmigo porque nos lo pasamos bien, y aunque parezca un poco raro, me gusta hacerles reír y hacer q se lo pasen bien porque me siento útil y siento que les hago bien (por así decirlo). A veces me da alguna ''venada'' y hago cosas como espontáneas que nos hace pasarlo bien porque aporta como una pequeña dosis de locura.Muchos conocen la faceta graciosa y todo esto, pero solo algunos de mis amigos conocen la otra faceta. Quizás no lo parezca, pero a veces tengo mis momentos, y también soy comprensivo, y al margen de todas las tonterias y tal que hago para echarnos unas risas soy más profundo. Eso me gusta porque me hace diferente, y siento que no soy sólo alguien que hace reír, sino que también puedo hablar seriamente (por decirlo así). Me gusta entender a las personas y poder ayudarles con sus problemas.
Todavía no tengo muy claro por qué me he puesto a escribir esto, quizás sea porque me apetecía, porque he visto algo parecido que me gustó en el tablon de mi primo, por ambas cosas, o por otra cosa. Pero al fin y al cabo creo que me ha sentado bien.