lunes, 6 de diciembre de 2010

E así foi.

Por fin estaba onde eu quería. Desexaba chegar aí. Agora sí, podía escoller. Iso era o que eu creía querer. Pero unha vez chegado, dinme conta de que iso non era o que eu buscaba. Xa podía tomar a decisión, pero vin que non era tan sinxelo. Non podía derruír aquel que era o meu castelo tan procurado, construído con suor e sangue. Xa me daba igual derruílo, pero recordei que ela todavía estaba dentro. E dada esa situación eu non podía facer nada, xa que non a podía soterrar baixo as ruinas. Por outra banda estaba aquel exército. Naquel frente de batalla non había máis ca unha persoa. Era a outra ela. Tan só unha persoa, mais era aquel momento e aquela cabaleira o peor co que me podía enfrentar. O exército sabía que eu era débil, aínda que non o demostrase, e tamén sabía que tarde ou cedo eu remataría por sucumbir. Aquelas terribles armas que non facían dano físico, senón doutro tipo. Eu planeaba unha estratexia, pero non atopaba a mellor. E no momento onde eu sabía que faltaba pouco para a miña derrota chegou a luz. Chegou a mensaxe. Unha mensaxe que me brindaba a oportunidade de botar abaixo o castelo, sen riscos. Penseino, e fixen o que creía mellor. Evacuei o edificio e boteino abaixo. Todo rematou, ou eso espero. Oxalá isto non desencadee nada malo.

Agora toca intentalo de novo. Caer e levantarse. Un novo castelo e un novo imperio. Así rematou este episodio, tras dous meses de construcción, disfrute, loita e fin. Agora queda esperar que a sorte me ampare na miña procura, e quizais esta vez xa non haxa que derruír. Así que veña, a comezar outra vez de cero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario