martes, 13 de marzo de 2012

Indignado.

Radicales. Anticonstitucionales. Talibáns lingüisticos. Adoctrinados. Pensei que nunca oíria tantas sandeces xuntas. Si, dixen oíria, porque non dedicaría nin un segundo da miña vida a escoitar esa clase de ofensas.

Agora din, que si violamos dereitos, que si somos uns nacionalistas extremistas... Vamos home, e que hai do dereito a unha vivenda? Que hai do dereito á educación? Non hai outras cousas con máis prioridade? Pero bueno, como vexo que iso non vos importa... Non é peor o voso caso? A violación da liberdade de expresión. O único "mal" que fixemos foi expresar a nosa opinión. Cando dicimos: "Preferimos a un do Bierzo que...", precisamente dimos iso: PREFERIMOS. É dicir, que nos gusta máis. Pero quen dixo nada de excluír aos demais? Logo, respecto ao de que as fronteiras de Galiza as poña o galego; referímonos, non ao territorio, senón a que todos os que somos galegos e falamos galego, formamos parte do mismo pobo. Somos a mesma xente, somos como irmáns. Porque compartimos unha mesma cultura, da que estamos orgullosos.

Agora si, nenos non somos. Somos adolescentes. Somos o próximo futuro. Con ideas PROPIAS. Influídos por nós mesmos. Adoctrinados por ninguén. E temos iniciativa. Non imos ser unha xeración pasiva máis. Nós non nos conformamos. Non nos gusta este mundo que imos herdar, e por iso loitamos. Loitamos polo cambio. Loitamos polo que queremos. Eu non vou vivir nun mundo herdado que non me gusta. Non, non sen loitar. E coma mín, moitos máis. Moitos, moitos máis. Así que dicide o que queirades. Porque vós teredes toda a diplomacia e a forza política que queirades; pero nós, nós somos o pobo e somos o futuro. E non temos pensado deixar que nos dominen. Sen o pobo, non funciona a política.


Así que continuade GB, porque nós tamén continuaremos loitando.

3 comentarios:

  1. Moi ben escrito, Pablo. Con equilibrio e ponderación, ao mesmo tempo que claro na mensaxe. Resúltalles moi raro a algunha xente -no fondo é un paradoxo porque coa que está caendo quen máis ten que estar atenta ante o presente e o futuro inmediato é a mocidade, a menos claro, que viva na burbulla que achega o diñeiro e o egoísmo- que os adolescentes teñades a capacidade de ser críticos e de criticar. A educación debe, precisamente, achegar as ferramentas para ser un cidadán activo, crítico e saber ler o mapa do mundo. Non é esa a tarefa? Eu digo si. Apertas

    ResponderEliminar
  2. Moi ben dito, algúns non soportan que a xente pense por eles mesmos.

    ResponderEliminar
  3. Hai días nos que penso que non hai esperanza, que antes ou despois nos extinguiremos, non queda outra. Pero semella que debo ser máis optimista, que si queda algo, que xente nova e leña verde non todo é fume.

    ResponderEliminar