lunes, 30 de abril de 2012

Opacidade.

Humidade.

Dende o primeiro momento.
Cada vez que amencía,
sabíao.

Ninguén dixera nada.
Máis non era necesario.
Pertencía ao tipo de cousas,
que se perciben co corazón.

Coma un calafrío.
Coma a noite pecha de verán.

Agradable.
Coma cando notas a calor.
Coma a calor dos raios de sol da primavera.
Coma a calor de dous corpos nús,
abrazados na escuridade.

Agora, baleiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario