lunes, 30 de abril de 2012

Respiro.

Aquela rapaza
era coma o aire novo.
Tan sinxela, mais tan delicada.
Tan sinxela, mais perfecta en cada detalle.

Aqueles profundos ollos verdes,
nos que eu vía reflexados os bosques.
Aqueles ollos eran, coma o frescor da natureza.

Soño con acoller as súas agarimosas meixelas.
Soño con sentir os seus cabelos loiros.
Soño cos seus carnosos beizos.
Soño.

Mais iso, tan só soño.
É tan marabillosa coma o ceo e as estrelas,
mais igual de inalcanzable.

1 comentario:

  1. Hola, Pablo! caín aquí de casualidade, pero ó mesmo tempo buscándote polo asunto ese de GB. E teño que confesar que me sorprendeches e moito.
    Xa ves que eu tamén ando no mundo da blogosfera, aínda que non son tan poeta coma ti, pero o caso é dicirlle ó mundo o que un pensa, non?
    Hoxe coñecinte un pouquiño máis... e gústame o que atopei.
    Pásate polo "meu sitio" e falamos.
    Unha aperta grande

    ResponderEliminar