Non te podes ir todavía
porque aínda...
Aínda non albiscamos ao lonxe un atardecer alaranxado.
Aínda non nos bañamos na alegría dunha calurosa tarde.
Aínda non respiramos o espírito do mediodia xoven en verán.
Aínda non nos sorrimos abrazados no anoitecer.
Sobre todo, aínda...
Aínda non nos bicamos baixo a choiva
Nin sequera choramos baixo ela
Confundindo as nosas bágoas,
coas gotas que discorren través as nosas meixelas.
Ambas esvarando pola nosa face,
mirándose e intimando.
Ata xuntarse.
Colmando a mestura mestra de tristura.
A mestura das bágoas profundas que nacen dunha ilusión rota,
coas gotas que caen dende semellantes nubes escuras;
ata desembocar nun solitario chan, que lonxe queda perdido.
Paisaxe nublada e gris, gris coma a cinza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario