Isto comezou coma un traballo de Lingua Galega, pero logo seguín escribindo unha opinión. Como me gustou o resultado final, aquí volo deixo.
A min gustaríame opinar sobre a noticia que fala da ideoloxía da mocidade.
Comezar falando pola imaxe dos políticos. Un mundo que en teoría está en crise (unha crise baseada en que o PIB non aumenta, o que quere dicir que se non producimos máis e máis imos mal. Chegará o día no que non sexan suficientes os recursos, non?), e en España dous partidos predominantes: PSOE e PP. O PSOE presidindo, e mentres estamos nesta ''crise'' (creo que o prioritario sería cambiar o sistema e non atopar solucións temporais), que ocorre? Ao PSOE non lle vai demasiado ben, parece, e busca solucións onde pode para mellorar a situación do noso país (aínda que non sempre fagan o mellor). Ante a situación de presión sobre o PSOE, os populares adícanse a bombardear con críticas a dirección que levan os socialistas sobre España. Non fan máis que ''poñerse podres uns a outros'', por así decilo; e a imaxe que teño do PP é que só lles importa ter a presidencia. Á fin e ao cabo somos todos persoas, quizais con ideas distintas, pero todos españois. Xa que estamos tan mal, por que non xuntarse todos para tratar de atopar unha verdadeira solución e deixarse de tantas paparruchas? Ben, esta e a miña idea da política española; e como comprenderedes non teño unha imaxe precisamente moi boa dos políticos.
Estou dacordo coa orientación política da nosa sociedade (eu persoalmente son de centro-esquerdas, non me importa decilo).
En canto ás institucións: ben, confío nas ONGs de verdade (non esas falsas que se quedan cos cartos) que coa axuda de todos poden axudar a facer do noso, un mundo mellor. Institucións dese tipo quizais teñan para min un valor maior, pero logo, institucións tales como a realeza, ou sobre todo a igrexa non me gustan. Estou en desacordo con bastantes aspectos da miña igrexa (a católica) xa que para min ten moitos tópicos anticuados. Ao mellor, polo que coñezo doutras relixións, unha máis adecuada para min sería o protestantismo. Non vexo tantas ideas propias dunha sociedade anterior e non me parece tan digamos ''fascista'' en certos aspectos.
Eu polo menos teño unha conciencia ecolóxica bastante boa. Opino que é importante reciclar e aforrar tanto enerxía coma recursos. E creo que cos avances tecnolóxicos e científicos poderemos salvar o planeta do impacto mediambiental.
No lecer adoito escoitar música ou estar con amigos (ou ben falar con eles por redes sociales), pero sobre todo facer deporte. Gústame ler, pero non teño demasiado tempo para iso. Cando máis tempo adico á lectura é ao acercarse os exames de lectura. Teño tamén móbil e utilizoo moito.
Para rematar, vou falar do futuro. Non digo que vaia vivir peor que meus pais, en teoría debería progresar a sociedade a mellor; pero creo que para iso debería cambiar o sistema. Non penso que vou vivir mellor ou peor, máis ben que xa se irá vendo pouco a pouco. Dicir agora isto sería un tanto precipitado nesta época de cambios.
Aínda que xa tendes o enlace do blog de Galego do meu centro, vólvolo deixar por se lle queredes botar unha ollada.
Apertas e, coma sempre, grazas por visitar este blog e ler o que escribo.
''En política sólo triunfa quien pone la vela donde sopla el aire; jamás quien pretende que sople el aire donde pone la vela.'' Antonio Machado.
ResponderEliminarPabliño, gústame moito o teu blog. Parabéns!
Un saudo desde Barrantes!
Laura.