viernes, 12 de noviembre de 2010

O silencio.

Que é o silencio?
Moitos dirán que o silencio é a ausencia total de sonido, pero eso prácticamente só é posible no espazo (onde non hai aire). Eu diría que na Terra non se pode atopar o silencio total. O vento, a chuvia, os coches, e ata o noso respirar. Todo xera sonidos. O que veño a dicir é que no noso día a día o silencio ten outro matiz. Diríamos que estamos en silencio cando non falamos. Algúns quererán silencio para concentrarse, outros para relaxarse... Claro que sempre está ben falar coa xente (para min sería imposible vivir son conversar con ninguén), pero de vez en cando deberiamos pararnos a escoitar ese silencio. Para min, é unha experiencia case indefinible. Darse conta do que soa ao noso arredor mentres nos falamos ou facemos ruído. Ao escoitalo sinto en min calma e tranquilidade. Coma se todo o mundo desaparecese por un momento. Olvidar os problemas, o traballo, os agobios... En momentos coma ese daste conta do estúpid é o sociedade pensando que cada vez necesita máis e máis cousas e máis e máis cartos, cando tan só necesitamos algunhas cousas para ser felices. Esa paz interior que se sinte, coma un frenesí de emocións positivas que loitan contra os males e te deixan respirar tranquilo.

De verdade necesitamos triunfar e ser populares? De verdade necesitamos ter a mellor casa do mundo? De verdade necesitamos un coche que alcance os 270 km/h e que consume o dobre dun que alcanza os 130 cando o límite é de 120? Podería seguir formulando preguntas deste estilo, pero á que chegariamos sería ese eslogan de IKEA: "Non é máis rico o que máis ten, senón o que menos necesita." Si, foi usado en publicidade, pero é certo. De verdade preferides ser a persoa que ten 3 mansións, 5 coches deportivos e unha fortuna coma a de Bill Gates pero que nunca consegue ser feliz; ou a persoa que ten un piso de 50 metros cadrados, un coche normaliño, unha televisión de 17'', auga na ducha ás veces quente e ás veces fría; pero que sexa unha persoa que se levanta pola mañá sorrindo é di:
-Si, teño todo isto e un traballo que tampouco é o mellor do mundo, pero son feliz co que teño, e a min bástame.

Ao fin e ao cabo, o que buscamos é ser felices, pero teñennos concienciados de xeito que pensamos que necesitamos ter moitos cartos e ter o mellor... Eu penso que o primeiro que necistamos é aclarar as ideas e pensar realmente o que nos faría felices. Persoalmente, para min unha das cousas máis importantes é non só sentirse querido, senón tamén querer (xa que polo menos a min éncheme dun bonito sentimento gratificante).

Por último, volver a agradecer ao meu profesor de tecnoloxía (Enrique) que trate estes temas na clase, xa que me fan reflexionar e iso gústame. Ademáis, se non fose por esas clases á varias entradas deste blog faltaríalles algo.

Unha amistosa aperta para todos.

3 comentarios:

  1. Que sentimentos..que ben escribes .
    Moi boniitoo ! :D
    Sigue escribindo así ;D

    ResponderEliminar
  2. I really enjoyed this post. You write about this topic very well. There are many cherished moments in life, why not wear a beautiful dress! When looking back on special memories of your child wearing a gorgeous dress, it will make a fond memory.

    cheap clomid

    ResponderEliminar