viernes, 5 de noviembre de 2010

E resulta que vivimos nunha farsa.

É imposible saber a verdade completamente, xa nolo dixo Enrique; pero a recente charla que tivemos na pasada clase de tecnoloxía fixome cavilar. Tras darlle voltas, caemos na conta de que todo ronda arredor dos cartos.

Levamos xa unhas cantas sesións observando a relación que hai en varios países entre o seu capital, a calidade de vida da súa poboación e o feliz que se considera ésta. A renda dos países acostumaba estar relacionada coa calidade de vida nestes, pero non sempre o estaba coa felicidade. Estuvemos falando, e chegamos á conclusión de que a xente non sempre necesita os cartos para ser feliz. Un exemplo era o de Colombia. Nas dúas primeiras clasificacións estaba nos últimos postos, mentres que na de felicidade atopábase nos primeiros. Neste país resulta que a xente séntese feliz polo apoio que recibe da súa familia ou xente cercana, ou tamén polo feito de ser colombianos (pareceume estrano que a xente fose feliz polo seu patriotismo).

Mentres outra xente se conforma e lle chega co que ten, aquí non fan máis que meternos polos ollos cousas innecesarias. Fannos creer que a nosa vida podería mellorar moitísimo polo simple feito de ter un obxecto que non presenta tantas melloras coma as que din. Nesto baseanse a maioría das publicidades e o marketing. Unha boa opción sería desfacernos desas cousas porque remataremos por esgotar os recursos dunha forma estúpida, pero non podemos ou sería moi difícil.

Os estados réxense en xeral por partidos políticos (dudo que nun estado anárquico se esté mellor), e os partidos políticos sotéñense grazas ás empresas. Do mesmo xeito os xornais tamén subsisten en xeral grazas ás empresas (facéndolles publicidade). Os partídos políticos non poden denunciar abusos de certas empresas que os manteñen (xa que as empresas falarían mal dos partidos e faríanlle perder votos, ou directamente deixarían de aportarlle cartos. Da mesma forma, moitos periodistas desexarían contar verdades que poñen en evidencia a multinacionais ou grandes empresas, pero están sometidos a un silencio que non lles permite dar a coñecer ao resto da poboación o engano que están vivindo.

Gustaríame seguir falando deste tema, pero creo que todavía non estou o suficientemente informado, aínda que creo que se todo o mundo coñecese esta situación levaríanse (ou intentaríanse levar) a cabo solucións para sacar á luz as verdades sobre o capitalismo que permanecen na escuridade.

3 comentarios:

  1. Pablo deixachesme anonadada.. ¡wow como escribes! :)Penso que debes seguir adiante co teu blog porque daseche de maravilla e tes talento natural ! Sigue así ! :D

    ResponderEliminar
  2. Bueno o mérito non é só meu, máis ben é de quen me ensina isto (persoa á que llo agradezo moito). Moitas grazas Tania! ;D

    ResponderEliminar