sábado, 30 de octubre de 2010

Chove.

Chove fóra, nas rúas, pero tamen chove dentro, dentro de min.

É un sentimento estrano ao que non lle atopo xustificación. Non me sinto ben, é coma se me faltase vida. Non teño ganas de facer nada. Bueno, nada non. Encantaríame saír cos meus amigos pero non podo. Últimamente pasame isto cando cando chove tanto. A min dame igual saír pola porta e mollarme. Dame igual que chova, trone ou neve. O que quero dicir é que isto non debería ser un impedimento para estar na rúa. Gústame a chuvia. Gústame estar baixo a chuvia, camiñar baixo a chuvia, sorrir baixo a chuvia, chorar baixo a chuvia... Pero odio quedarme na casa en días coma este. O tempo nunca o recuperaremos, cada segundo, cada minuto, cada momento que paso aquí frente ao computador sen facer nada é tempo que se volve pasado. Claro que son xoven e teño moito tempo por vivir, pero cando xa non o teña dareime conta do estúpido que fun malgastando o tempo. Tamén vou ir perdendo amigos co paso do tempo (e atopando novos), e por iso quero adicarlles este tempo tan valioso. Porque ninguén deixa apodrecer un caramelo mentres o pode comer.

Boto de menos á xente, amigos que viven preto e amigos que viven lonxe, e aínda que non me faga sentir demasiado ben creo que é algo bo. Ese sentimento demostra que teño ganas de vivir. Vivir ben. Disfrutando cada momento. Porque tentarei rir sempre que poida e chorar cando o necesite, pero só se o necesito.

4 comentarios:

  1. Tes toda a razón do mundo pablo. É tempo perdido. Tempo derrochado en non facer nada. :) Estabas inspirado eh ! ;) xD

    ResponderEliminar
  2. Grazas Tania!
    O que eu trato de facer é que a xente se de conta de que, a pesares de estarmos nunha sociedade supostamente "avanzada", conservamos uns costumes ridículos diría eu. É estraño ver rapaces xuntos resgardados da chuvia nun día coma o de hoxe, xa que non é moi "normal"; aínda que se o pensamos debería selo.

    ResponderEliminar
  3. Non sabía eu esta faceta tua de escritor jeje. Sí señor, q saibas q procurarei ler o teu blog o máis a miúdo que poida. Segue así e ánimo

    ResponderEliminar
  4. Ánimo Pablo. A escrita é unha terapia emocional co que vivimos, serve para baixar e para subir a todos os mundos imaxinados e os que nos faltan aínda por crear. Apertas e segue cultivando a escrita...

    ResponderEliminar